Benvidos á Factoría de Formación!
Un espazo de aprendizaxe e transformación colectiva. Inspirada no espírito obreiro e rebelde dos estaleiros de Ferrol, a Factoría é máis que un lugar de formación: é un punto de encontro para construír relacións humanas máis xustas e integrar ferramentas innovadoras para traballar en grupo dun xeito máis efectivo e satisfactorio.
Apostamos por unha formación de calidade, práctica e transformadora, orientada a todas aquelas persoas que buscan xerar impacto positivo nos seus grupos, comunidades ou organizacións. Descubre as nosas propostas formativas:
Curso Básico de Facilitación de Grupos
IX edición: Ferramentas e habilidades para a xestión de colectivos
Un curso acreditado polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFAC-e) que combina teoría e práctica para aprender a xestionar equipos e procesos participativos.
A quen vai dirixido?
- Educadores/as, mediadores/as e dinamizadores/as sociocomunitarios.
- Emprendedores/as sociais e activistas.
- Persoas interesadas na mellora da xestión grupal, potenciando a diversidade e a participación.
Datas 📅
Outubro 2024 – Xuño 2025
Lugar 📍
Santiago de Compostela
Seminario: Resolución de Conflitos
E se os conflitos fosen oportunidades de transformación?
Neste seminario práctico, achegarémonos ao conflito como unha ferramenta de cambio e crecemento. Aprende a identificar as dinámicas subxacentes e a intervir a nivel individual, relacional e grupal.
Que aprenderás?
- Técnicas para xestionar conflitos con menos tensión.
- Enfoques creativos para transformar conflitos en oportunidades.
- Habilidades para mellorar a convivencia en equipos e organizacións.
Duración ⌚
15 horas (26 – 28 de abril de 2024)
Lugar 📍
Centro de Emprendemento “A Estación”, Vedra
Curso Medio de Facilitación de Grupos
Dá un paso máis na túa formación coa acreditación do IIFAC-e. Este curso, coordinado por Anna Pujol e César Fernández, está deseñado para profundizar en técnicas avanzadas de facilitación e poñelas en práctica en escenarios reais.
O que ofrecemos:
- Supervisión directa das formadoras.
- Espazo para a experimentación grupal.
- Continuidade á aprendizaxe adquirida no Curso Básico.
Datas 📅
Pendente lanzamento de nova edición.
Lugar e máis información 📍
Consulta en info@rexenerando.com