Facilitación e participación social
Escola de Participación Cidadá de Narón
- Ano: En curso
- Categoría: Facilitación e participación social
- Clienta: Concello de Narón
- Deseño gráfico: Nadina Gráfica
A Escola de Participación Cidadá de Narón é un espazo de relación entre a veciñanza e o Concello, que fomenta a participación cidadá e apoia o tecido asociativo do municipio. Inclúe accións como atención cidadá continuada, Consellos Territoriais, a plataforma www.naronparticipa.es, o programa educativo Plenos Escolares, formación e eventos de cohesión do tecido asociativo.
Servizos: Coordinación, comunicación, formación, facilitación e asesoramento.