Quen somos?
Rexenerando: unha cooperativa con alma social. Fundada en 2014 no corazón do Golfo Ártabro, Rexenerando S. Coop. Galega é unha cooperativa formada por un equipo multidisciplinar de mulleres comprometidas co cambio social. Somos máis que unha entidade: somos unha comunidade que traballa xuntas para rexenerar vidas, vínculos e relacións sociais a través de proxectos transformadores.
Axudamos a comunidades e grupos a impulsar transformacións que conecten as persoas co seu entorno, coas outras e consigo mesmas.





Qué facemos?
Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro que aposta pola economía social e solidaria como motor de cambio. Traballamos para mellorar o tecido produtivo e fortalecer as relacións laborais, económicas e comunitarias. Formamos parte de Espazocoop, a rede galega de cooperativas.
Os nosos valores
Sustentabilidade persoa-contorna: equilibrio entre o humano e o natural
Feminismos e coidados: no centro das nosas prácticas
Diversidade e democracia profunda: porque todas as voces contan.
Memorias subalternizadas: compromiso coa recuperación das historias marxinadas
Transformación continua: autorreflexión constante para seguir innovando
Honestidade e transparencia: a base da nosa confianza mutua.
Qué facemos?
Enfocámonos na innovación social, acompañando procesos que conectan ás persoas e comunidades co cambio positivo. Desenvolvemos proxectos propios e colaboramos con outras entidades e empresas para impulsar iniciativas que marcan a diferenza. Ofrecemos un servizo integral, desde a conceptualización ata a execución, sempre cun enfoque personalizado e transformador. Os nosos tres grandes eixos de acción están presentes de forma transversal en todas as actividades que realizamos, combinando profesionalidade, creatividade e impacto social.
Facilitación de grupos
Empoderamos ás persoas e comunidades para traballar en colectivo e construír solucións compartidas. Apostamos por unha participación activa e inclusiva que fomente o diálogo e a creación colectiva.
- Dinamización de espazos grupais, potenciando a toma de decisións e a xestión emocional.
- Acompañamento de equipos para fortalecer dinámicas organizativas.
- Deseño de procesos participativos accesibles e inclusivos.
- Intervención e mediación sociocomunitaria.
- Formación en traballo colectivo e facilitación de procesos creativos.
- Educación para a participación con infancia e mocidade.
Xéneros e identidade
Traballamos por un futuro máis xusto e equitativo, onde as identidades sexan valoradas e as relacións se baseen no respecto e na igualdade. Desde un enfoque feminista e interseccional, promovemos cambios estruturais e culturais que favorezan o empoderamento e a transformación social.
- Proxectos para a igualdade de xénero e a inclusión.
- Formación en identidade e diversidade.
- Facilitación de procesos de transformación organizacional con perspectiva de xénero.
Cultura, memoria y territorio
Coidamos e dignificamos o patrimonio cultural e os territorios, combinando historia, educación ambiental e memoria colectiva. A nosa misión é reactivar o vínculo das persoas co seu entorno para fomentar o seu respecto e xestión sostible.
- Roteiros interpretativos que conectan co pasado e o presente.
- Proxectos educativos para poñer en valor o territorio e os seus recursos.
- Deseño de procesos participativos en urbanismo e arquitectura.
- Investigación sociocomunitaria e mapeos colectivos.
- Proxectos artísticos e de reflexión crítica que unen cultura e transformación social.
- Obradoiros para recuperar e preservar a memoria colectiva.
- Organización de xornadas divulgativas e participativas.
O noso equipo
| Andrea Rico | Educadora social e pedagoga apaixonada polo potencial transformador da educación. Especialista en xestión e facilitación de grupos, coordina a área de Facilitación de grupos e participación social. |
| Olga Romasanta | Historiadora da arte e pandeireteira, fascinada pola memoria colectiva e o apego ao territorio. Coordina a área de Cultura, Memoria e Territorio, con experiencia en procesos educativos e participación cidadá. |
| Martín V. Añel | Sociólogo e especialista en igualdade, diversidade e participación. Coordina a área de Xéneros e Identidade, combinando experiencia en investigación social e facilitación de grupos. |
| Marcos Abalde | Poeta, dramaturgo e filólogo, colaborador en proxectos relacionados coa recuperación de memorias subalternizadas e a promoción da lingua galega. |